Ğabdulla Möxämmätğärif ulı Tuqayıv, máis coñecido pola forma abreviada Ğabdulla Tuqay, nado en Quşlawıç o 26 de abril de 1886 e finado en Kazán o 2 de abril de 1913, foi un poeta, crítico e editor tártaro, considerado o poeta nacional tártaro[1][2].

Infotaula de personaĞabdulla Tuqay

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(tt) عبد الله توقای Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1886 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Quşlawıç (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 1913 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Klyachkin clinics (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaYaña Bistä cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTatarstan Street 14, Kazan (en) Traducir (–1912)
Q56476857 Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , tradutor , xornalista de opinión , crítico literario , escritor , figura pública Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua tártara e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiQ117020947 Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesQ63282727 Traducir (sobriña neta) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8708714 Editar o valor em Wikidata

Primeiros anos editar

 
Tuqay con Motíğí (á esquerda) ca. 1905

Tuqay naceu naceu no seo dunha familia de mulás da aldea de Quşlawıç preto da moderna cidade de Arsk. O seu pai Möxämmätğärif Möxämmätğälim ulı Tuqayıv fora mulá desde 1864. A súa muller morrera en 1885 deixándolle un fillo e unha filla e Möxämmätğärif casou de novo, con Mämdüdä, filla dun mulá dunha aldea próxima, desta unión naceu Ğabdulla pero aos cinco meses morreu o seu pai e pouco despois o seu avó paterno, así que logo Mämdüdä volveu a cas do seu pai e casou con outro mulá dunha aldea veciña. En 1890 a súa nai tamén morreu e Ğabdulla volveu co seu avó materno, pero incapaz de mantelo deixouno ao coidado dun cocheiro para que o levase a Kazán na procura dunha familia en adopción, facéndose cargo del un matrimonio dunha aldea próxima, mais os dous morreron en 1892 e o neno volveu co seu avó, quen lle buscou unha nova familia adoptiva na aldea de Qırlay e alí foi por primeira vez a unha madrasa. En 1895 morreulle o fillo á tía de Ğabdulla, Ğäzizä, casada cun comerciante Ğäliäsğar Ğosmanov, e a parella decidiu adoptalo e o rapaz pasou a vivir con eles en Uralsk (actual Casaquistán), e alí estudou na madrasa e asemade na escola rusa, onde entrou en contacto coa literatura e comezou a escribir poesía. En 1900 morreu o seu tío e Ğabdulla pasou a vivir na madrasa, primeiro nun cuarto común e logo nunha khujra, unha cela individual.

Traxectoria literaria editar

Primeiro período: Uralsk editar

Interesado na poesía popular e no folclore durante os seus anos na madrasa coñeceu a poesía árabe, persa e turca así como a poesía en tártaro antigo, unha lingua moi diferente do tártaro falado e chea de palabras árabes, persas e turcas. Motíğí, un profesor novo da madrasa organizou un xornal escrito a man e Tuqay publicou as súas primeiras odas alí e en 1904 o mesmo profesor fundou a súa propia compañía editora e Tuqay traballou con el en labores administrativos. Despois do Manifesto de Outubro (1905) permitiuse a publicación de xornais en tártaro, antes totalmente prohibido, e Tuqay traballou como tipógrafo para o xornal Fiker e a revista Älğasrälcadid establecidos por Motíğí, contribuíndo con versos para esas publicacións, a primeira de relevo foi unha tradución dun poema de Aleksei Koltsov en 1905, seguíronlle máis contribucións, en artigos e poemas expresaba unha ideoloxía socialdemócrata aínda que favorable ao Manifesto, que cría que favorecería cambios progresivos na forma de vida dos tártaros. Na revista Uqlar publicou sátiras centradas principalmente contra o clero islámico, ao que consideraba oposto ao progreso e á occidentalización. Nesta primeira etapa continuaba as tradicións orientais e o uso do tártaro antigo, aínda que nalgúns dos seus poemas, os dirixidos aos labregos tártaros, utilizou unha forma de tártaro puro. O ano 1906 foi un ano de axitación social, en marzo celebráronse eleccións lexislativa para a Duma que deu unha maioría relativa a socialdemócratas moderados e liberais e que se caracterizou polo enfrontamento co consello de ministros do emperador, e que xa se disolveu en xuño. Un período marcado polo ascenso das Centurias Negras, organización ultranacionalista rusa que pedía a marcha dos tártaros ao Imperio Otomán, neste clima a súa poesía trata de temas sociais e do patriotismo, salientan Gosudarstvennaya Dumağa (Á Duma Estatal), Sorıqortlarğa (Aos parasitos) e Kitmibez! (Non marcharemos!), nesta última reacciona ás propostas dos Centurias Negras que os tártaros son irmáns dos rusos e a inmigración a Turquía é imposible. O 6 de xaneiro de 1907 Tuqay deixa a madrasa vivindo independentemente nun cuarto dun hotel, convértese de feito no editor de Uqlar e no principal poeta e articulista das publicacións de Motíğí. A partir de 1906 empregou o tártaro puro, a lingua do pobo, nos seus artigos e poemas e fíxose unha figura recoñecida nos medios culturais tártaros.

 
Tuqay con Ämirxan e os irmáns Koläxmätov na década de 1910

Segundo período: Kazán editar

Desde outono de 1907 Tuqay estableceuse na capital da actividade cultural tártara, en Kazán, e alí entra rapidamente nos círculos literarios e fai amizade cun fato de mozos que tiñan en común a súa arela por anovar a sociedade tártara e que se agrupaban arredor da revista Al-İslax, na que tamén colabora,, entre eles o escritor Fatix Ämirxan ou o revolucionario marxista Xösäyen Yamaşev. Colabora coa revista satírica Yäşen, fundada en 1908, considerándose o poema satírico máis salientable desta etapa Peçän Bazarı yaxud Yaña Kisekbaş que trata dos problemas da sociedade tártara da época, do clero e dos comerciantes. A partir de 1910 colaborou coa nova revista satírica Yal-Yolt. Interesado pola cultura popular publicou escolmas de cancións populares, publicou varios libros coas súas poesías, libros para nenos e libros escolares con literatura tártara. Interesado no establecemento dun teatro tártaro, colaborou nalgunhas producións declamando as súas propias composicións e cantando cancións tradicionais. A pesar de deteriorarse a súa saúde en 1911 e 1912 fai varias viaxes chegando ata Astrakán e San Petersburgo. En 1912 colaborou na nova revista literaria e en agosto publicou o seu último libro, Can azıkları. En 1913 a súa saúde empeora aínda máis pero segue a escribir poemas e artigos, o 26 de febreiro ingresou no hospital por un caso grave de tuberculose, morrendo o 15 de abril, aos 27 anos.

Notas editar

  1. Friedrich, Paul e Levison, David (ed.) (1994) Encyclopedia of World Cultures: Russia and Eurasia, China, vol 6.G.K. Hall, p. 400
  2. Sinagatullin, Ilghiz M. (2003)Constructing multicultural education in a diverse society Scarecrow Press, p. 61