Östasiatiska museet
O Östasiatiska museet ou Museo de Antigüidades do Leste Asiático é un museo situado en Estocolmo (Suecia), fundado polo Parlamento sueco en 1929.[1] O seu primeiro director foi o arqueólogo Johan Gunnar Andersson (1874-1960).[1]
Östasiatiska museet | |
---|---|
Na rede | |
www | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Historia editar
A colección do museo baseouse orixinalmente nas pezas tomadas por Andersson na China durante a década dos 20.[1] Na actualidade, conta con pezas do Xapón, Corea, a India e China.[2] Non só se centra na arqueoloxía, mais tamén nas belas artes e na cultura contemporánea. Ademais, conta cunha gran biblioteca de investigación aberta ao público.
O último catálogo completo do museo publicouse en 1963. Porén, tamén editan unha revista anual sobre a antigüidade do leste asiático, o Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities.[3]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "About the museum". Östasiatiska museet (en inglés). Consultado o 2024-05-03.
- ↑ "Far Eastern Antiquities Museum: Asia's Timeless Art and History". www.stockholmmuseum.com. Consultado o 2024-05-03.
- ↑ "Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities". Världskulturmuseerna (en inglés). Consultado o 2024-05-03.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Östasiatiska museet |