Ömer Aşık

baloncestista turco

Ömer Faruk Aşık, nado o 4 de xullo de 1986 en Bursa, é un ex xogador turco de baloncesto profesional.

Ömer Aşık
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 4 de xullo de 1986 (37 anos)
Bursa, Turquía
Nacionalidade Turquía Turquía
Altura 2,06 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 36
Por Portland Trail Blazers
Carreira 2005–2018
Historial de equipos
Fenerbahçe Ülker (2005–2006)
Alpella (2006–2007)
Fenerbahçe Ülker (2007–2010)
Chicago Bulls (2010–2012)
Houston Rockets (2012–2014)
New Orleans Pelicans (2014–2018)
Chicago Bulls (2018)

Liga turca editar

Aşık tivo a súa primeira oportunidade profesional no Fenerbahçe na tempada 2005-06. Tan só xogou un partido antes de ser traspasado a un equipo da segunda división, o FMV Isık Spor Kulübü. Na tempada 2006-07 asinou polo Alpella, onde xogou 40 partidos, nos que fixo 10.7 puntos e 11.2 rebotes. Deixou o Alpella en decembro de 2007, e volveu ao Fenerbahçe por segunda vez. En 2008 lesionouse de gravidade, e pouco máis tarde da súa volta lesionouse outra vez para 2 meses. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09 co Fenerbahçe fixo 7.8 puntos e 6.1 rebotes. Coa súa axuda, o Fenerbahçe gañou a liga turca de baloncesto na tempada 2007-08.

NBA editar

Chicago Bulls (2010–2012) editar

Ömer Aşık foi elixido na 36ª posición do draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers, e foi inmediatamente traspasado aos Chicago Bulls, nunha operación entre tres franquías.[1] O 13 de xullo de 2010, Aşık asinou un contrato cos Chicago Bulls.

Tempada 2010–11 editar

O 27 de outubro, Aşık fixo o seu debut cos Bulls no primeiro partido da tempada, na casa dos Oklahoma City Thunder. Dende o comezo da tempada, Aşık impresionou co seu xogo grazas á súa gran presenza coma pivote, especialmente cando o pivote titular, Joakim Noah, non xogaba. Ao remate da tempada, liderou a lista de media de rebotes por 48 minutos dos rookies, e estivo entre os dez primeiros en media de rebotes por 48 minutos.

Houston Rockets (2012-2014) editar

O 20 de xullo de 2012, Aşık asinou unha oferta dos Houston Rockets, cun valor de 25.1 millóns de dólares en 3 anos. Os Bulls decidiron non igualar a oferta o 24 de xullo de 2012,[2] e Aşık uniuse oficialmente ós Rockets.[3]

New Orleans Pelicans (2014-2018) editar

O 15 de xullo de 2014, Aşık foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Rockets e os Washington Wizards.[4] O 28 de outubro de 2014, fixo o seu debut cos Pelicans no primeiro partido da tempada contra os Orlando Magic. En 33 minutos de xogo, fixo 14 puntos, 17 rebotes, 5 tapóns e 2 asistencias na vitoria dos Pelicans por 101-84.[5]

Volta a Chicago (2018-presente) editar

O 1 de febreiro de 2018, Aşık foi traspasado xunto a Tony Allen, Jameer Nelson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Chicago Bulls, a cambio de Nikola Mirotić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018. Ademais, os Bulls terán o dereito a intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.[6]

Notas editar

  1. "Bulls acquire Omer Asik from Portland". NBA.com. June 26, 2008. Consultado o July 10, 2010. 
  2. "Bulls will not match Houston’s offer to Asik". Bulls.com. 24 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  3. "Rockets Sign center Omer Asik". NBA.com. 24 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  4. "Pelicans Complete Three-Team Trade with Rockets and Wizards". NBA.com. 15 de xullo de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2014. 
  5. "Davis power Pelicans past Magic, 101-84". NBA.com. 28 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014. 
  6. "Pelicans Acquire Nikola Mirotić". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar