O óso nasal (ou óso propio do nariz) é un óso da cara, par en número de dous, que forma a raíz e o dorso ou ponte do nariz.

Corte saxital da cavidade nasal. Na súa raíz identifícanse os ósos propios articulándose co frontal e coa cartilaxe nasal.

É curto e compacto, en forma cuadrilátera, con dúas caras (anterior e posterior) e catro bordos (superior, inferior, lateral ou externo e medial ou interno). O bordo medial de cada un articúlase co seu homólogo, constituíndo a sutura internasal; o bordo lateral (externo), coa apófise ascendente do maxilar superior; o bordo superior, co óso frontal; e o bordo inferior coa cartilaxe nasal (ou cartilaxe dorsal). A súa cara interna articúlase coa lámina perpendicular do etmoide, que forma parte do tabique nasal.

Véxase tamén editar