Órbita baixa terrestre

Tipo de órbita.

Co concepto de órbita baixa terrestre (a miúdo denominado LEO, Low Earth Orbit) faise referencia ás órbitas arredor da Terra cun apoxeo de menos de 2000 quilómetros. Na práctica, a cota inferior deste tipo de órbitas, o perixeo, sitúase nos 160 quilómetros, xa que debido ó rozamento atmosférico, unha órbita a esa altura é inestable e o vehículo cae rapidamente ó perder enerxía.[1]

Diagrama das divisións do espazo terrestre segundo as órbitas. A zona 2 é a de órbita baixa terrestre.

Tódolos voos espaciais tripulados, excepto as misións lunares do proxecto Apollo, teñen lugar na órbita baixa.

Notas editar

  1. INTER-AGENCY SPACE DEBRIS COORDINATION COMMITTEE, ed. (setembro de 2007). "IADC Space Debris - Mitigation Guidelines" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2013. 

Ver tamén editar