Óculo é unha palabra que provén do latín oculus[1] (plural oculi), que significa "ollo" e designa en arquitectura unha abertura ou xanela de forma circular ou oval. A súa función é a de proporcionar iluminación. Tamén pode usarse de xeito exclusivamente decorativo.

Óculo no centro da cúpula do palacio de Hasht Bihisht, Isfahán, Irán.
Cunca da Era do Bronce con dous óculos en Los Millares en Almería.

Tipos editar

  • Vénse utilizando para definir a abertura circular central existente na cúpula do Panteón de Roma. Neste caso a súa función era alixeirar o peso da cúpula ao mesmo tempo que deixaba entrar o aire e a luz.
  • As fiestras circulares tamén se atopan nos tímpanos das basílicas e igrexas cristiás ou, nos rosetóns góticos.[1]
  • Ás típicas circulares ou ovaladas da arquitectura do século XVI adóitaselles chamar ollos de boi.[1]
  • As fiestras circulares nos faiados foron unha característica da arquitectura clásica francesa do século XVII.
  • Tamén se atopan óculos ou ollos de boi, por razóns estruturais, nas fiestras dos barcos ou avións.
  • En arqueoloxía, óculo é o nome que se dá a determinados motivos xeométricos atopados na arte prehistórica de Europa occidental. Normalmente refírese a un par de marcas circulares ou espirais que se adoitan interpretar como ollos. Aparecen en cerámicas, estatuas e megálitos. Poden representar a mirada dun deus ou deusa e foron especialmente comúns durante o período Neolítico.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid - España: Akal. p. 148. ISBN 978-84-460-0924-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar