Íñigo Melchor Fernández de Velasco

Íñigo Melchor de Velasco, nado en Madrid o 16 de abril de 1635 e finado o 29 de setembro de 1696, foi un aristócrata castelán, VI Duque de Frías e Condestable de Castela, que desempeñou o cargo de Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia entre 1658 e 1661.

Íñigo Melchor Fernández de Velasco
Duque de Frías
Íñigo Melchor Fernández de Velasco retratado por Murillo

Nacemento16 de abril de 1629
Madrid
Falecemento29 de setembro de 1696
Cónxuxe/sJosefa Jacinta Fernández de Córdoba y Figueroa († 1664)
María Teresa de Benavides Dávila y Corella
ProxenitoresBernardino Fernández de Velasco y Tovar
Isabel María de Guzmán y Guzmán

Traxectoria editar

Foi fillo primoxénito de Bernardino Fernández de Velasco y Tovar, de quen herdou os títulos nobiliarios de VII duque de Frías, IV marqués de Berlanga e IX conde de Haro e o emprego de Condestable de Castela, e da súa muller Isabel María de Guzmán y Guzmán.[1]

Seguiu a carreira militar e participou co grado de xeneral na guerra de Cataluña baixo as ordes de Xoán Xosé de Austria, e na guerra de separación de Portugal como Capitán Xeneral de Galicia.

Entre 1668-69 desempeñou o cargo de gobernador dos Países Baixos españois, posto que deixou para regresar a España en calidade de conselleiro de estado e de guerra. En 1671 foi nomeado Presidente do Consello de Ordes, e catro anos despois do Consello Supremo de Flandres. En 1676 foi designado Mordomo maior do rei Carlos II.[2]

Matrimonios e descendencia editar

Casado primeira vez con Josefa Jacinta Fernández de Córdoba y Figueroa, nada en Montilla o 19 de setembro de 1627 e finada en 1664, filla de Alonso Fernández de Córdoba e Enríquez de Ribeira, V marqués de Priego, e da súa muller e curmá Juana Enríquez de Ribeira e Téllez-Girón, sen descendencia.

Casado segunda vez con María Teresa de Benavides Dávila y Corella (c. 1640 - 1702), filla de Diego de Benavides da Cueva e Bazán, VIII conde de Santisteban do Porto, e da súa muller Antonia Dávila e Corella, VII marquesa das Navas, X condesas de Consentayna, e viúva, casada o 22 de xullo de 1660, de Luís Ramón Folch de Cardona de Aragón y Fernández de Córdova, VI duque de Segorbe etc, de quen tivo dous fillos e unha filla:

Fóra do matrimonio tivo un fillo:

Notas editar

Predecesor:
Bernardino Fernández de Velasco y Tovar
Condestable de Castela
Sucesor:
José Fernández de Velasco y Tovar
Predecesor:
Luigi Poderico
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia
1666 - 1668
Sucesor:
Pedro José de Zúñiga Enríquez
Predecesor:
Francisco de Moura Corterreal
Gobernador dos Países Baixos
1668 - 1670
Sucesor:
Juan Domingo de Zúñiga y Fonseca
Predecesor:
Pedro Portocarrero y Aragón
Presidente do Consello de Órdenes
1671 - 1675
Sucesor:
Gaspar Téllez-Girón y Sandoval