École normale supérieure de París-Saclay

A École normale supérieure Paris-Saclay (tamén ENS de Paris-Saclay ou Normale Sup' Paris-Saclay), anteriormente ENS Cachan, é unha grande école e membro constituínte da Universidade Paris-Saclay establecida en 1892. Atópase en Gif-sur-Yvette, dentro do departamento de Essonne, formando parte de Île-de-France.

École normale supérieure Paris-Saclay
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Páxina webwww.ens-paris-saclay.fr
Facebook: ENS.Cachan Twitter: ENS_ParisSaclay LinkedIn: ens-paris-saclay Editar o valor em Wikidata
Logo Université Paris-Saclay.svg
editar datos en Wikidata ]


A ENS de Paris-Saclay é unha das máis prestixiosas e selectivas grandes écoles francesas. Xunto coa École normale supérieure (París), ENS de Lyon e ENS de Rennes, a escola pertence á rede informal de écoles normales supérieures, encargadas de formar aos futuros investigadores e profesores de máis alto nivel de todo o sistema educativo francés.

En 2014, a ENS de Paris-Saclay é unha das institucións fundadoras da Universidade Paris-Saclay, unha iniciativa para integrar e combinar recursos desde un número de diferente grandes écoles, universidades públicas, e institucións investigadoras.

A ENS de Paris-Saclay muda de enderezo en 2019 a un campus novo localizado no coñecido comunmente co nome de "plateau de Saclay", na commune de Gif-sur-Yvette, a carón doutros centros de investigación e ensino membros da Universidade de París-Saclay co fin de crear un novo centro de investigación e creación de empresas.

Resumo editar

 
Edificio d'Alembert, na localización anterior da ENS Paris-Saclay en Cachan.

A École normale supérieure París-Saclay é unha Grande École, unha institución francesa de educación de alto nivel, claramente diferenciada pero conectada e formando parte do sistemaa universitario público francés. Similar á Liga Ivy nos Estados Unidos, Oxbridge no Reino Unido, e a Liga C9 na China, as Grandes Écoles francesas conforman a elite das institucións académicas, cun proceso de admisión de novos estudantes extremadamente competitivo.[1][2][3] As Grandes Écoles adoitan ter clases e promocións máis pequenas que as universidades públicas, cunha gran variedade de programas en inglés. Mentres a maioría de Grandes Écoles teñen taxas de inscrición máis caras que as universidades francesas, a École normale supérieure Paris-Saclay cobra o mesmo custo de matrícula: 243€ anuais a nivel de mestrado en 2021/2022.[4] Caracterízanse por unha gran proximidade co goberno francés así como co mundo empresarial, así como por unha valorización doutros aspectos máis aló do académico, sendo obrigatorio realizar unha estancia no estranxeiro, xa sexa de estudos ou prácticas.[5][6] Os títulos obtidos nas diferentes Écoles normales supérieures son acreditados pola Conférence des Grandes Écoles[7] e outorgados polo Ministerio de Educación Nacional francés (francés: Le Ministère de L'éducation Nationale: ).[8] Os seus alumni destacan por ocupar posicións de elite dentro de goberno, administración, e do tecido empresarial francés.[9]

A misión principal da ENS de Paris-Saclay é formar académicos de clase mundial, mais tamén como lugar de formación de cadros administrativos públicos e de executivos de empresas privadas. Para isto, o seu alumnado intégraa maioritariamente desde as "classes préparatoires". Unha parte do estudantado da ENS de Paris-Saclay que pasou o exame de entrada é designado como "normaliens" e integran directamente o funcionariado francés, cun salario mensual pagado polo goberno francés. Esta parte do estudantado é obrigada a continuar posteriormente cunha carreira académica ou no sino da administración pública francesa durante polo menos seis anos despois de ter rematado os seus estudos na ENS.

Durante os seus estudos, os estudantes seguen o currículo universitario estándar (Grao, Mestrado, e moitas veces tese doutoral).

Hai 17 departamentos : os departamentos científicos de Bioloxía, Matemáticas, Informática, Física Fundamental, Química; os departamentos de enxeñaría de Electrónica, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Civil; Economía e Administración, Ciencias Sociais, Lingua e Deseño.

A ENS de Paris-Saclay coopera con moitas universidades estranxeiras, por exemplo en programas de intercambio de estudantes. Un deles é MONABIPHOT, en cooperación coaUniversidade de Tecnoloxía Wroclaw en Polonia, a Universidade Complutense ou a Carlos III de Madrid, o MIT, Oxford ou Humboldt.

Admisión editar

A admisión á ENS de Paris-Saclay como normalien faise mediante un exame de entrada extremadamente competitivo, e que require polo menos dous anos de preparación despois do instituto en Clases Préparatoires. A ENS de Paris-Saclay recruta cada ano 360 normaliens e 800 estudantes.

Alumni salientables editar

  • Philippe Aghion (economista francés)
  • Alain Aspect (físico francés e gañador do premio Nobel)
  • Julie Battilana (profesora de Administración Empresarial na Harvard Business School)
  • Laurent Batsch (economista francés e reitor da Universidade Paris Dauphine)
  • Elie Bursztein (Científica de computadores francesa)
  • Bernard Charlès (CEO de Dassault Systemes)
  • Mérouane Debbah (Director de I&I de Huawei Francia)
  • Erwan Dianteill (Antropólogo cultural francés)
  • Aawatif Hayar (Ministro marroquí de Solidariedade, Integración Social e Familia)
  • Michel Lallement (sociólogo francés)
  • Marie-Noëlle Lienemann (política francés)
  • Éloïc Peyrache (Economista francés)
  • Olivier Rubel (profesor de escola empresarial)
  • Marc Yor (matemático francés)
  • Gabriel Zucman (economista francés)

Referencias editar