Área metropolitana de París

A área metropolitana de París é unha das maiores aglomeracións urbanas na Unión Europea. A súa área metropolitana ten unha poboación de 9.928.000 habitantes.[1]

Vista dende satélite da área metropolitana de París.

No caso de París, así como noutras cidades, poderíase establecer unha definición máis ampla que incluíse unha aglomeración máis extensa aínda que menor densamente poboada que a área metropolitana. Esta sería a rexión urbana de París que, cunha poboación de 11.173.886 habitantes en 1999[2] estaría entre as tres rexións urbanas máis poboadas da Unión Europea, por riba do Randstad dos Países Baixos. A poboación da área urbana de París en 2007 é de 12.067.000 habitantes.

Notas editar

  1. Instituto nacional de estatística de Francia. "Population des villes et unités urbaines de plus de 1 million d'habitants de l'Union européenne" (en francés). Consultado o 16/03/2007. 
  2. Instituto nacional de estatística de Francia. "Recensement de la population francaise mars 1999" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 27/04/2009. Consultado o 16/03/2007.