Ángeles Maestro

política española

Ángeles Maestro Martín, máis coñecida como Nines Maestro, nada o 6 de febreiro de 1952 en Medina del Campo, Valladolid, é unha política española.

Infotaula de personaÁngeles Maestro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ángeles Maestro Martín Editar o valor em Wikidata
6 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Medina del Campo, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
26 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
21 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
21 de novembro de 1989 – 18 de xaneiro de 2000
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Deputada de España
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España
Izquierda Unida Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa militancia no Partido Comunista de España en 1971, e en 1979 foi escollida concelleira de Talavera de la Reina. Anos despois, en 1989, foi elixida deputada no Congreso dos Deputados, cargo que repetiría por dúas lexislaturas máis, en 1993 e 1996.

Foi unha das fundadoras de IU, sendo dende o primeiro momento membro do Consello Político Federal e da Presidencia Executiva. Pertenceu á sección máis esquerdista do partido, e foi dirixente de tendencias como Plataforma de Izquierdas ou Corriente Roja. No PCE, fixo parte da súa Secretaría de Relacións Internacionais, do Comité Federal e do Comité Executivo.

En novembro de 1996 foi membro do Tribunal Internacional por Crimes Contra a Humanidade Cometidos polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas en Iraq, iniciativa cívica de intelectuais, políticos e profesionais do Dereito contrarios ás consecuencias do embargo sobre a poboación civil do país mesopotámico.

Abandonou IU cando Corriente Roja deixou a coalición en xuño de 2004, reincorporándose ao seu posto como médico no Servizo Madrileño de Saúde. Abandonou o PCE logo do XVII Congreso (xuño de 2005), logo de rexeitar este a proposta de Corriente Roja de que o PCE abandonase IU. Hoxe en día é a principal dirixente de CR. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 acode nas listas de Iniciativa Internacionalista[1].

Notas editar

  1. "Candidatura na web do Ministerio do Interior". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2009. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar