Ángel Segundo Médici

Ángel Segundo Médici, nado o 20 de decembro de 1897 en Buenos Aires e finado o 9 de agosto de 1971 foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de defensa.

Médici
Información persoal
Nome Ángel Segundo Médici
Nacemento 20 de decembro de 1897
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 9 de agosto de 1971
Lugar de falecemento Buenos Aires
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1915-1918 Club Atlético San Telmo
1918-1922 Club Atlético Atlanta
1922-1930 Boca Juniors 185
Selección nacional
Arxentina 33
Na rede
FIFA: 292393 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar no Club Atlético San Telmo en 1915, de onde partiu en 1918 para fichar polo Club Atlético Atlanta. Recalou definitivamente en Boca Juniors no ano 1922, nesta época tamén comezou a súa participación coa Selección de fútbol da Arxentina.

Medallas olímpicas
Prata Fútbol Ámsterdam 1928

En Boca xogou 8 tempadas, disputando 185 encontros e gañando nove títulos, entre eles catro campionatos nacionais (1923, 1924, 1926 e 1930) sendo os tres primeiros da Argentine Football Association, unha das dúas asociacións de fútbol existentes, e o último da Liga unificada.

 
Equipo da selección arxentina que obtivo a medalla de prata en 1928

En 1925 participou na xira que o club xeneize realizou por Europa, na que marcou dous goles, e pola que o equipo recibiu o título de Campión de Honra do Campionato Arxentino.

Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1922 e 1930, disputando 33 encontros e integrando o equipo que gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1928 e o que se proclamou subcampión do Mundial de Fútbol Uruguai 1930.

Retirouse en 1931, ano no que chega o profesionalismo ao fútbol arxentino.

Unha vez fora dos campos de xogo foi director técnico do Club Atlético Barracas Central.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1923
Copa Ibarguren Boca Juniors Arxentina 1923
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1924
Copa Ibarguren Boca Juniors Arxentina 1924
Campión de Honra Boca Juniors Arxentina 1925
Copa Competencia Boca Juniors Arxentina 1925
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1926
Copa Estímulo Boca Juniors Arxentina 1926
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1930
Primeira División da Arxentina Boca Juniors Arxentina 1926

Participación coa Selección Arxentina editar

Campionatos suramericanos editar

Ano Sede Resultado
1923   Uruguai Subcampión
1924   Uruguai Subcampión
1925   Arxentina Campión
1926   Chile Subcampión
1927   Perú Campión

Xogos Olímpicos editar

Ano Sede Resultado
1928   Ámsterdan Subcampión

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar