Ángel Llanos
Ángel Llanos González, nado en Vigo o 24 de xuño de 1915 e finado ibídem o 16 de outubro de 2012, foi un fotoxornalista galego.
Nome orixinal | Ángel Llanos González |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de xuño de 1915 Vigo, España |
Morte | 16 de outubro de 2012 (97 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafo e xornalista, |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Juana Fernández García. |
Fillos | Tres. |
Traxectoria editar
Fillo do fotógrafo Francisco Miguel Llanos Trápaga e neto do tamén fotógrafo Francisco Llanos Mas, tivo unha dilatadísima actividade profesional, mesmo durante a Guerra Civil Española.
Tras anos de infrutuosas negociacións co Concello de Vigo, o fondo fotográfico Arquivo Ángel LLanos, de preto dun millón de imaxes, foi vendido no ano 2009 á Consellería de Cultura por 180.305 euros, con destino ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, pendente da apertura en Vigo do Centro Galego de Fotografía,[1] proxecto que non callou pois finalmente en Vigo abriu o Centro de Arte Fotográfica municipal, para pechar aos poucos días.
O seu concello adicoulle unha rúa no ano 2004. A Federación Galega de Prensa Deportiva premiouno en 2007 dobremente[2] e recibiu da Asociación da Prensa da Coruña o premio de honra Juan Cancelo de fotoxornalismo en 2011.
Notas editar
- ↑ Adquisición do fondo fotográfico Arquivo Ángel Llanos, 2009, DOG.
- ↑ 3ª Gala dos Premios Galicia de Periodismo Deportivo Arquivado 07 de xuño de 2013 en Wayback Machine. A Coruña.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Sensacións, homenaxe a Ángel Llanos (ed. trilingüe), Concello de Vigo, 1996, ISBN 84-87637-31-0.
- González Martín, Xerardo; Ángel Llanos, fotógrafo1, Editorial Galaxia, 2010, ISBN 978-84-9865-320-5.