Ángel Porto Anido
Ángel José Porto Anido, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 2006[1], foi un avogado, industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1919 Santiago de Compostela, España |
Morte | 8 de setembro de 2006 (87 anos) Santiago de Compostela, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 – Lino Rodriguez Madero (en) , Jose Luis Mosquera Perez (en) → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
24 de xuño de 1970 – 12 de novembro de 1971 ← Rafael Puga Ramón Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente da Deputación da Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , avogado , industrial |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Francisco de Asís Porto Rey |
Traxectoria editar
Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Foi concelleiro con 22 anos, tenente de alcalde e alcalde de Santiago de Compostela (1957-1964). Foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956), presidente do Aero Club de Santiago (1967-1970) e da Deputación da Coruña (1970-1974) e procurador en Cortes e conselleiro nacional (1970-1974) en representación da Deputación. Fundou a editorial Porto y Cía. e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988). Despois da Transición, seguiu en política como dirixente de Falange Española en Galicia.
Predecesor: Enrique Otero Aenlle |
Alcalde de Santiago 1957 - 1964 |
Sucesor: Francisco López Carballo |
Predecesor: Rafael Puga Ramón |
Presidente da Deputación da Coruña 1970 - 1974 |
Sucesor: Lino Rodríguez Madero |
Outras mencións editar
Alférez provisional con 17 anos, conselleiro-administrador de Editorial Compostela, presidente do Consello Diocesano de Homes de Acción Católica, da Liga de Amigos de Compostela e do Grupo teatral Ditea.
Méritos editar
Comendador da Orde do Mérito Civil, Medalla de Prata ao Mérito Turístico, Cruz de Guerra, Medalla da Cruz Vermella ao Mérito Militar, Medalla de Prata da Cidade de París e nomeamento como Concelleiro Honorario de París.
Notas editar
- ↑ "Fallece Ángel Porto, alcalde de Compostela entre 1957 y 1964". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2012.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Noticia en La Voz de Galicia