Ángel Durán Álvarez

político galego

Ángel Durán Álvarez, nado en Santa Comba (Bande) en 1949, é un político galego. Foi alcalde de Barbadás desde 1979 ata 1987.

Infotaula de personaÁngel Durán Álvarez
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Santa Comba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Barbadás
1979 – 1987 – José Manuel Freire Couto → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Traxectoria editar

É mestre industrial na Residencia Sanitaria de Ourense e militante de UCD e de Coalición Galega.

Nas eleccións municipais de 1979 foi o número 1 na lista de UCD no concello de Barbadás, e foi o candidato máis votado. Non obstante nun primeiro momento foi elixido alcalde o candidato número 2 de Alianza Popular, Raimundo Álvarez Rodríguez, se ben foi impugnado polo xulgado ao non ser o número 1 da lista do seu partido, e estivo no cargo 15 días ata a decisión xudicial.[1]

En 1987 pasou á oposición cando unha moción de censura de concelleiros tránsfugas do seu partido pasaron a Centristas de Galicia, provocando o seu cesamento como alcalde.

Notas editar

  1. "Alcaldes de Galicia logo das eleccións municipais de 1979". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar