Ángel Ansareo Grandas

practicante e político galego

Ángel Ansareo Grandas, nado en Penouta (Baralla) en 1912 e finado en México, foi un practicante e político galego.

Infotaula de personaÁngel Ansareo Grandas
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata (111/112 anos)
Penouta, España Editar o valor em Wikidata
MorteMéxico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Practicante no Hospital da Facultade de San Carlos de Madrid. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na toma do Cuartel da Montaña e combateu nas frontes de Guadarrama, Teruel e Cataluña. Fuxiu a Francia ao rematar a guerra. Permaneceu en Francia 10 meses, ata que foi entregado a Franco e encarcerado en Reus. Escapou, pero foi detido o 5 de maio de 1940 e ingresou na Prisión de Lugo. O 7 de xuño foi trasladado á prisión de Madrid. Condenado a morte en Madrid, foi indultado en 1943. Inmediatamente volveu a unirse á guerrilla e presidiu o congreso celebrado en Cobas (A Coruña). Co nome de guerra de A. Ribas organizou varios grupos guerrilleiros e mantivo enfrontamentos armados con falanxistas e gardas civís. Ante a persecución á que se viu sometido en Baralla, refuxiouse a primeiros de maio de 1946 en Larín (Láncara) onda Hilario López Díaz, que o trasladou á casa da súa filla en Céltigos (Sarria), onde permaneceu oito días, ata que David López Arias o levou con el para Verín coa falsa identidade de Camilo Rodríguez López. Cruzou a fronteira de Portugal, e chegou a Lisboa en agosto de 1946. Foi procesado con Ramón Rodríguez Varela "Curuxás" e José Vázquez Otero na causa 177/46 pola morte do párroco de Meixente (Sarria) Pedro Páramo Arias o 2 de setembro de 1946.[1] Obtivo un visado de asilado político e marchou a México arrivando ao porto de Veracruz o 28 de decembro de 1946.[2] Foi declarado en rebeldía o 15 de abril de 1947. Morreu en México.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar