Álvaro del Portillo

Álvaro del Portillo Diez de Sollano, nado en Madrid o 11 de marzo de 1914 e finado en Roma o 23 de marzo de 1994, foi un bispo católico español, sucesor de san Xosemaría Escrivá á fronte do Opus Dei.

Infotaula de personaÁlvaro del Portillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1914 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1994 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaigrexa prelaticia de Santa María da Paz
cripta de Villa Tevere Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
6 de xaneiro de 1991 – 23 de marzo de 1994
← Francisco Orozco LomelínPablo Cedano Cedano →
Gran Chanceler da Pontificia Universidade da Santa Cruz
1984 – 23 de marzo de 1994 – Javier Echevarría Rodríguez →
Prelado do Opus Dei
28 de novembro de 1982 – 23 de marzo de 1994 – Javier Echevarría Rodríguez →
Presidente da sociedade sacerdotal da Santa Cruz
26 de xuño de 1975 – 23 de marzo de 1994
← Xosemaría Escrivá de BalaguerJavier Echevarría Rodríguez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade Politécnica de Madrid
Xornada Mundial da Xuventude Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1991–), Sacerdote católico de rito romano (1944–), avogado , enxeñeiro , enxeñeiro civil Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa12 de maio Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 889114

Vida editar

Álvaro del Portillo foi terceiro de oito irmáns, nunha familia profundamente cristiá. Ingresou no Opus Dei en 1935. Foi Doutor Enxeñeiro de Camiños e Doutor en Filosofía e en Dereito Canónico. Foi ordenado sacerdote o 25 de xuño de 1944. Formou parte do Consello Xeral do Opus Dei de 1940 a 1975; de 1940 a 1947 e de 1956 a 1975 foi secretario xeral.

Foi consultor de diversos organismos da Santa Sé. Traballou no Concilio Vaticano II, primeiro como presidente da Comisión antepreparatoria para o laicado e despois como secretario da Comisión sobre a discipliña do clero e como consultor doutras comisións. Os seus libros Fieles y laicos en la Iglesia (1969) e Escritos sobre el sacerdocio (1970) son, en boa parte, froito desa experiencia.

No 1975 foi elixido para suceder a Xosemaría Escrivá. Ao ser erixido o Opus Dei como prelatura persoal, o Papa nomeouno prelado. En 1990 foi nomeado bispo titular de Vita por Xoán Paulo II, quen lle conferiu a ordenación episcopal o 6 de xaneiro de 1991. No 1985 fundou en Roma o Centro Académico Romano da Santa Cruz, xerme da Universidade Pontificia da Santa Cruz. En 1989 promoveu a constitución do Centro Académico Romano (CARF), para o apoio económico da formación do clero.[1]

Durante os seus dezanove anos á fronte do Opus Dei, o labor da prelatura estendeuse a vinte novos países.

Finou en Roma o 23 de marzo de 1994, logo de regresar dunha peregrinación á Terra Santa. O papa Xoán Paulo II acudiu ese mesmo día a rezar ante os seus restos mortais.

Beatificación editar

O 28 de xuño de 2012, coa aprobación do papa Bieito XVI, a Congregación para as Causas dos Santos promulgou o Decreto sobre as virtudes heroicas, que leva consigo o título de "Venerable".[2]

O papa Francisco asinou o 5 de xullo de 2013 o decreto que recoñece un milagre atribuído a súa intercesión.[3] A súa beatificación tivo lugar o sábado 27 de setembro de 2014 en Madrid, España; a cerimonia foi presidida polo representante do papa, o cardeal Angelo Amato, prefecto da Congregación das Causas dos Santos.[4] Á cerimonia acudiron máis de cen mil persoas de todo o mundo. Ao día seguinte, no mesmo lugar, Mons. Javier Echevarría celebrou unha Misa de acción de grazas. A asistencia tamén foi multitudinaria nesta cerimonia.

Citas editar

Servo bo e fiel.
Discípulo de Cristo.
Carlo Cafarra, arcebispo de Bologna[6]

Publicacións editar

Notas editar

  1. Medina Bayo, Javier (2012). Álvaro del Portillo. Un hombre fiel. Rialp. ISBN 9788432142192. 
  2. Noticia oficial do Decreto de virtudes heroicas no Vatican Information Service Arquivado 26 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
  3. Noticia sobre o decreto que recoñece un milagre atribuído a súa intercesión publicada no Vatican Information Service [1] Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2014. 
  5. "Un hombre fiel-Mons. Javier Echevarría". Consultado o 1 de maio de 2016. 
  6. "Almudi.org". Consultado o 1 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bernal Fernández, Salvador (1996). Ediciones Rialp, ed. Recuerdo de Álvaro del Portillo, prelado del Opus Dei (1 ed.). p. 296. ISBN 9788432131264. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2015. Consultado o 07 de abril de 2012. 
  • Medina Bayo, Javier, Álvaro del Portillo. Un hombre fiel, Madrid, Ediciones Rialp, 2012, 1ª, 832 pp.
  • Catret Mascarell, Amparo y Sánchez Marchori, Mar, Se llamaba Álvaro. Vida de Monseñor Alvaro del Portillo, Madrid, Palabra, 1999, 1ª, 31 pp.
  • "Profilo biografico di mons. Alvaro del Portillo y Diez de Sollano", en Ateneo Romano De La Santa Cruz (ed.), Rendere amabile la verità: raccolta di scritti di Mons. Alvaro del Portillo, pastorali, teologici, canonistici, vari, Città del Vaticano, Libreria Editrice Vaticana, 1995, pp. 661–664.
  • Illanes Maestre, José Luis, "Disponibilità e servizio. Un breve sguardo all'opera canonica, teologica ed ecclesiale di mons. Álvaro del Portillo", Annales Theologici, 8/1 (1994), pp. 13–21.
  • Badrinas Amat, Benito, "Álvaro del Portillo y Diez de Sollano: la vida junto a un santo", en Paulino Castañeda Delgado y Manuel J. Cociña Y Abella (eds.), Testigos del siglo XX, Maestros del XXI. Actas del XIII Simposio de Historia de la Iglesia en España y América, Sevilla, 8 de abril de 2002, Córdoba, Publicaciones, Obra Social y Cultural CajaSur, 2003, pp. 383–394.
  • Romano, Giuseppe, Don Álvaro: fidelidad día tras día, Roma, 1986, 31 pp.
  • Amadeo de Fuenmayor Champín y Manuel J. Peláez, “Álvaro [José María Eulogio] del Portillo Diez de Sollano (1914-1994)”, en Diccionario crítico de Juristas españoles, portugueses y latinoamericanos (hispánicos, brasileños, quebequenses y restantes francófonos) [ata novembro de 2006], vol. II, tomo 1º (M-Va), Zaragoza-Barcelona, 2006, pp. 335–339, nº 818.
  • María del Carmen Amaya Galván, versión inglesa ampliada y actualizada de la semblanza de Álvaro del Portillo como canonista, redactada por A. de Fuenmayor y Manuel J. Peláez, en María del Carmen Amaya Galván y M. J. Peláez, “Informes jurídicos y notas políticas sobre la situación política y jurídica de Andorra remitidos al Prefecto de los Pirineos Orientales (1881-1965) por el Ministerio de Asuntos Exteriores galo, por el Comisario extraordinario para los Valles de Andorra René Baulard (1933 y 1936-1940) y por otras autoridades y personalidades políticas y académicas (tercera parte)”, en Contribuciones a las Ciencias Sociales, ISSN 1988-7833, outubro de 2010, en liña, http://www.eumed.net/rev/cccss/10/pag.htm (pp. 1–76), ver .Pdf, pp. 5–9, notas 9 y 10 [Está indexado en resumen amplio en EconPapers (Örebro University – Swedish Business School. Suecia), en Ideas en Society of Economic Dynamics (University of Connecticut. EE.UU.) y en Соционет, научное информационное пространство (Moscova. Rusia)].

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Título novo
Xosemaría Escrivá de Balaguer
(como Secretario Xeral)
 
 
Prelado do Opus Dei
 
1975 - 1994
Sucesor:
Javier Echevarría Rodríguez