Álex Rovira

escritor español

Álex Rovira Celma, nado en Barcelona o 1 de marzo de 1969, é un empresario, escritor, economista, conferenciante internacional e consultor catalán. Vendeu máis de nove millóns de copias dos seus diferentes títulos, sendo algúns deles número 1 de vendas en literatura de non ficción en España e tamén noutras linguas.[1]

Infotaula de personaÁlex Rovira
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEsade Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , economista , consultor , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Páxina webalexrovira.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: alex.rovira.oficial Twitter: alexroviracelma Instagram: alexroviracelma Youtube: UC_uIiLXev6cfwBhHksfBhVA Flickr: 70534170@N04 Bitraga: 2740 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É licenciado en ciencias empresariais, dirixe seminarios sobre innovación, xestión do cambio, xestión do talento, xestión de persoas e pensamento creativo para a alta dirección de empresas e/ou ONGs.

La buena suerte foi a súa obra de maior impacto internacional, editada en 52 linguas, cun éxito sen precedentes na literatura de non ficción española, que vendeu máis de tres millóns de copias en tan só dous anos e recibiu o premio ao mellor libro do ano no Xapón en 2004 por unanimidade da crítica, público e profesionais do sector editorial.[2] Foi tamén coordinador dunha colección da editorial Aguilar que leva o seu nome e na que se publican ensaios, relatos e libros de empresa seus e doutros autores.

A súa primeira novela, La última respuesta, un relato de ficción baseado nos descubrimentos e vida secreta de Albert Einstein e escrito en coautoría con Francesc Miralles, fíxolles merecedores do Premio de Novela Cidade de Torrevieja en 2009.[3]

Colaborou con distintos medios de comunicación nacionais e estranxeiros, como El País Semanal, La Vanguardia, CNN+ (con Antonio San José), TVE, TV3, Cadena Ser (con Carles Francino), Catalunya Ràdio (con Gaspar Hernández), ou a revista xaponesa de psicoloxía Psiko. Nas súas colaboracións aborda tanto cuestións relacionadas coa innovación, a creatividade, a xestión de persoas ou a xestión empresarial, como contidos relacionados coa psicoloxía, a filosofía, a antropoloxía ou a socioloxía.

Obras editar

  • La Brújula Interior (Empresa Activa, 2003 y 2005).
  • La Buena Suerte, en coautoría con Fernando Trias de Bes (Empresa Activa, 2004).
  • Los Siete Poderes (Empresa Activa, 2006).
  • El Laberinto de la Felicidad, en coautoría con Francesc Miralles (Aguilar, 2007).
  • Las Palabras que Curan (Plataforma Editorial, 2008).
  • La Buena Vida (Aguilar, 2008).
  • La Última Respuesta, en coautoría con Francesc Miralles. Premio de Novela Ciudad de Torrevieja 2009 (Random House Mondadori, 2009)
  • La Buena Crisis (Aguilar, 2009 e 2012 para a versión actualizada).
  • El Beneficio, en coautoría con Georges Escribano (Aguilar, 2010).
  • Un corazón lleno de estrellas, en coautoría con Francesc Miralles (Aguilar, 2010).
  • El bosque de la sabiduría, en coautoría con Francesc Miralles (Montena, 2011).
  • El mapa del tesoro, en coautoría con Francesc Miralles (Grijalbo, 2011 e Conecta (versión ampliada), 2012).
  • La luz de Alejandría, en coautoría con Francesc Miralles (Plaza y Janés, 2012).
  • La vida que mereces, en coautoría con Pascual Olmos (Conecta, 2013).
  • Alegría, en coautoría con Francesc Miralles (Zenith, 2017)
  • Cuentos para quererte mejor, en coautoría con Francesc Miralles (Destino, 2018)
  • Amor, (Zenith, 2019)
  • Cuentos para niñas y niños felices, en coautoría con Francesc Miralles (Destino, 2019)

Notas editar

  1. Thinkingheads.com, Álex Rovira:Economista y autor bestseller Arquivado 2010-05-13 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. "ELMUNDO.ES SUPLEMENTOS MAGAZINE 231 38 países quieren el libro de Álex y Fernando". www.elmundo.es. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  3. "Àlex Rovira y Francesc Miralles ganan el premio Ciudad de Torrevieja". El País (en castelán). 2 de outubro de 2009. ISSN 1134-6582. Consultado o 2 de abril de 2020.