Águeda é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Aveiro, Rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, con cerca de 14.504 habitantes. Sitúase a 15 m de altitude.

Modelo:Xeografía políticaÁgueda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°34′50″N 8°26′30″O / 40.580519, -8.441667Coordenadas: 40°34′50″N 8°26′30″O / 40.580519, -8.441667
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Aveiro Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación46.131 (2021) Editar o valor em Wikidata (137,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie335,27 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónBaia de Mérida Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3750 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico234 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-agueda.pt Editar o valor em Wikidata

É a capital dun concello con 335,3 km² de área e 49.912 habitantes (2006) (cunha densidade de 148,9 h/km²), subdividido en 20 freguesías. O concello limita ao norte co concello de Sever do Vouga, ao nordeste por Oliveira de Frades e por Vouzela, ao leste por Tondela, ao sur por Mortágua e por Anadia, ao suroeste por Oliveira do Bairro, ao oeste por Aveiro e a noroeste por Albergaria-a-Velha.

Águeda foi elevada á categoría de cidade en 1985. Alén desta cidade, o concello inclúe tres vilas: Aguada de Cima, Fermentelos e Mourisca do Vouga.

As freguesías de Águeda son Agadão, Aguada de Baixo, Aguada de Cima, Águeda, Barrô, Belazaima do Chão, Borralha, Castanheira do Vouga, Espinhel, Fermentelos, Lamas do Vouga, Macieira de Alcoba, Macinhata do Vouga, Óis da Ribeira, Préstimo, Recardães, Segadães, Travassô, Trofa e Valongo do Vouga.

Demografía editar

Poboación do concello de Águeda (1849 – 2006)
1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004 2006
9247 20416 25982 35274 43216 44045 49041 49691 49912

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar