Ácido nisínico

composto químico

O ácido nisínico é un ácido graxo poliinsaturado de cadea moi longa omega−3, similar ao ácido docosahexaenoico (DHA). O seu nome lipídico é 24:6 (n-3) e o seu nome químico é ácido todo-cis-6,9,12,15,18,21-tetracosahexaenoico. Non está ben estudado, pero os ácidos graxos poliinsaturados incluíndo os máis longos que o DHA, como o ácido nisínico, son importantes porque as alteracións do seu metabolismo poden orixinar graves patoloxías. Fontes dietarias de ácido nisínico son os peixes mariños e varios suplementos dietéticos de omega-3.[1]

Ácido nisínico
Identificadores
Número CAS 68378-49-4
PubChem 11792612
ChemSpider 9967286
UNII L8L6GYZ1ZX
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C24H36O2
Masa molar 356,54 g mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Notas editar

  1. Vyssotski, M. (2011). "Nisinic acid, 24: 6n-3, and other methylene-interrupted very long chain polyunsaturated fatty acids". En Paige L. Gilmore. Lipids: Categories, Biological Functions and Metabolism, Nutrition and Health. pp. 199–216. ISBN 9781616684648. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2023. Consultado o 18 de xuño de 2023. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.