Ácido 2-fosfoglicérico

composto químico

O ácido 2-fosfoglicérico ou ácido 2-fosfo-D-glicérico (2PG) é un composto orgánico moi importante no metabolismo, xa que intervén (en forma desprotonada) na glicólise. É un ácido carboxílico de 3 carbonos, que leva un grupo COOH no carbono 1, un grupo fosfato esterificado no carbono 2 e un grupo OH unido ao carbono 3 [1]. No metabolismo intervén o enantiómero D. Pola súa estrutura química pode considerarse un derivado do ácido glicérico.

Ácido 2-fosfoglicérico
Identificadores
Número CAS 2553-59-5
PubChem 59
ChemSpider 58
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C3H7O7P
Masa molecular 186,06 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Ácido 2-fosfoglicérico.

A súa forma desprotonada (COO-) é o 2-fosfoglicerato, que é a forma na que está a pH fisiolóxico e na que intervén no metabolismo

Intervención na glicólise e gliconeoxénese editar

O 2-fosfoglicerato orixínase na glicólise a partir do 3-fosfoglicerato (3PG). A reacción é unha isomerización catalizada pola fosfoglicerato mutase, que cambia o grupo fosfato do carbono 3 ao carbono 2 [2].

Seguidamente, o 2-fosfoglicerato formado transfórmase en fosfoenolpiruvato (PEP) en reacción catalizada pola enolase,que é a penúltima reacción da glicólise. Na reacción requírense dous catións magnesio e consiste nunha deshidratación na que se perde o gupo OH e se forma un dobre enlace [2].

Formación   Transformación
                    libérase H2O
 
H2O
 
3PG   2PG   2PG   PEP
Fosfoglicerato mutase   enolase (fosfopiruvato hidratase)

En estudos do metabolismo bacteriano comprobouse que intervén na modificación covalente da enolase.[3]

Ademais, induce a fosforilación de proteínas nos illotes de Langerhans.[4]

Na gliconeoxénese o 2-fosfoglicerato intervén realizando reaccións inversas ás que realiza na glicólise.

Notas editar

  1. PubChem compound 2-fosfoglicerate
  2. 2,0 2,1 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 408-411. ISBN 84-282-0738-0
  3. Grégory Boël et al. Is 2-Phosphoglycerate-dependent Automodification of Bacterial Enolases Implicated in their Export? Journal of Molecular Biology Volume 337, Issue 2, 19 March 2004, Pages 485-496 [1]
  4. S B Pek et al. Protein phosphorylation in pancreatic islets induced by 3-phosphoglycerate and 2-phosphoglycerate PNAS June 1, 1990 vol. 87 no. 11 4294-4298

Véxase tamén editar

Outros artigos editar