Artigo destacado
|
A Declaración Balfour, redactada o 2 de novembro de 1917, foi unha manifestación formal e pública do goberno británico durante a primeira guerra mundial, para anunciar o seu apoio ao establecemento dun «fogar nacional» para o pobo xudeu na rexión de Palestina, que nese momento formaba parte do Imperio Otomán. A declaración foi incluída nunha carta asinada polo ministro de Relacións Exteriores británico (Foreign Office) Arthur James Balfour dirixida ao barón Lionel Walter Rothschild, un líder da comunidade xudía en Gran Bretaña, para a súa transmisión á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda. O texto foi publicado na prensa o 9 de novembro de 1917.
Durante o período das discusións do Gabinete de Guerra británico, que conduciu á declaración, a guerra máis ampla chegara a un período de estancamento. As tropas estadounidenses aínda non estaban despregadas e os rusos estaban distraídos pola axitación interna. O secretario do Gabinete, Mark Sykes, iniciou conversacións formais co líder sionista o 7 de febreiro de 1917, e Balfour pediu a Rothschild e a Chaim Weizmann que presentasen un proxecto de declaración pública o 19 de xuño. Outros borradores foron discutidos polo Gabinete británico durante setembro e outubro, con achegas de xudeus sionistas e antisionistas, pero sen representación da poboación local en Palestina, e a emisión da declaración final foi autorizada para o 31 de outubro. A discusión do gabinete sobre a aprobación describiu percibidos beneficios de propaganda entre a comunidade xudía mundial para o esforzo de guerra aliado.
|
Sobre Galicia
|
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1604, un incendio destrúe parte do palacio de El Pardo (Madrid), perdéndose un gran número de obras de arte.
- 1781, William Herschel descubre Urano (na imaxe), o sétimo planeta do Sistema Solar.
- 1869, nace na Coruña, Ramón Menéndez Pidal, filólogo e historiador.
- 1900, as Cortes Españolas aproban unha lei que regula o traballo das mulleres e dos nenos.
- 1918, revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos.
- 1999, tras 14 anos de escisión, o PNV e o Eusko Alkartasuna volven concorrer en coalición aos comicios municipais e forais.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 143 584 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 278 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|